Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de mantemento e conservación dos edificios xudiciais propiedade da Xunta de Galicia, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2014-SESE 01/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19981

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento e conservación dos edificios xudiciais propiedade da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 50000000-5: servizos de reparación e mantemento. 50700000-2. Servizos de reparación e mantemento de equipos de edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE); Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOUE núm. S245, do 18.12.2013.

BOE núm. 312, do 30.12.2013.

DOG núm. 3, do 7.1.2014

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.380.195,72 € (IVE excluído), incluídas prórrogas e as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 1.609.617,01 €. Importe total: 1.947.636,58 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2014.

c) Contratista: Instituto de Gestión Sanitaria, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 1.210.803,39 €. Importe total: 1.465.072,10 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza