Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 10 de setembro de 2014 Páx. 38263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo á subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2014-SUXU 02-CH.

d) Enderezo da Internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20777

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 30197000-6. Material de oficina de pequena envergadura e outros máis indicados na epígrafe A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 125, do 3 de xullo de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 165.289,30 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 165.289,30 €. Importe total: 200.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 8 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 14 de agosto de 2014.

c) Contratista: Office Depot, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 165.289,30 €. Importe total: 200.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza