Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38203

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de información pública sobre fabricación e almacenamento de perfís de poliamida.

Sistemas Técnicos del Accesorio y Componentes (STAC, S.L.) solicitou nesta alcaldía licenza municipal de actividade de fabricación e almacenamento de perfís de poliamida, que se exercerá en nave industrial sita na 2ª fase do polígono industrial de Picusa. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Padrón, 4 de agosto de 2014

Antonio Fernández Angueira
Alcalde