Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 9 de setembro de 2014 Páx. 38204

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2014 pola que se anuncia a contratación non suxeita a regulación harmonizada da subministración de diverso material informático, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-FUS1-14-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: praza Martín Herrera nº 2-2º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

4) Teléfono: 881 54 74 90/881 54 64 31.

5) Fax: 881 54 67 28.

6) Correo electrónico: compras.061@sergas.es

7) Perfil do contratante: www.sergas.es

c) Número de expediente: AB-FUS1-14-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: subministración de diverso material informático.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de entrega: 3 meses.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 30200000-1.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver pregos.

4. Orzamento máximo de licitación.

Importe neto: 55.000 €, IVE (21 %): 11.550 €. Importe total: 66.550 €.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

2) Domicilio: praza Martín Herrera nº 2-2º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Admisión de variantes: non.

8. Apertura das ofertas.

a) Dependencia: sala de xuntas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

b) Domicilio: praza Martín Herrera nº 2-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15706.

d) Data e hora: as indicadas no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: ver pregos.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2014

José Antonio Iglesias Vázquez
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061