Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37397

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Asunto: Plan xeral de ordenación municipal de Trazo.

Trámite: información pública da aprobación inicial.

Órgano: Pleno do Concello, sesión do 18 de xullo de 2014.

Norma: Lei do Parlamento de Galicia 9/2002, do 30 de decembro; artigos 85.2 e 77.2.

Prazo: dous meses desde a publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co previsto na normativa aplicable ao procedemento correspondente, durante o prazo sinalado sométense a información pública o expediente e a documentación que contén o Plan xeral de ordenación municipal de Trazo, incluído o correspondente informe de sustentabilidade ambiental, para que calquera persoa poida examinalo nas dependencias municipais e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

Así mesmo, faise pública a suspensión dos procedementos de outorgamento de licenzas en todo o termo municipal de Trazo, de conformidade co previsto no artigo 77 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e no 120 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o regulamento de planeamento urbanístico.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan xeral.

As devanditas áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

• Solo urbano consolidado e non consolidado.

Comprende exclusivamente o solo da capital municipal, Viaño Pequeno. Segundo o estipulado na LOUGA a estes terreos seralles de aplicación o réxime do solo urbano, segundo o disposto na disposición transitoria primeira.

No solo urbano consolidado, tendo en conta que o novo PXOM conserva a delimitación do solo urbano prevista no PXOM vixente, non se suspenderán licenzas sempre e cando as obras que se vaian executar poidan cumprir simultaneamente (as condicións máis restritivas) a normativa vixente e a proposta polo PXOM.

O PXOM vixente presenta un único ámbito de solo urbano non consolidado. O novo PXOM mantén a delimitación vixente. A día de hoxe segundo o disposto na disposición transitoria primeira da LOUGA son de aplicación os límites de sustentabillidade e os indicadores de calidade de vida e cohesión social indicados nesta lexislación. Tendo en conta que o novo PXOM respecta estes límites legais, non se suspenderá o desenvolvemento deste ámbito.

• Solo de núcleo rural.

Recolle o PXOM baixo esta categoría de solo os diferentes asentamentos do termo municipal non incluídos na categoría de solo urbano. Segundo o disposto na disposición transitoria primeira da LOUGA a estes núcleos aplicaráselles o réxime previsto na lei para o núcleo rural. Con base nisto non se suspenderán licenzas nos ámbitos de solo de núcleo rural do vixente PXOM, sempre e cando estean os mesmos terreos clasificados no novo PXOM como solo de núcleo rural e se poida dar cumprimento simultáneo (condicións máis restritivas) ás dúas normativas (PXOM vixente e novo PXOM).

No solo de núcleo rural que no novo PXOM pasa a outra clase de solo suspenderanse licenzas por supor as determinacións do novo PXOM modificacións con respecto ao documento vixente.

• Solo rústico apto para o desenvolvemento urbanístico.

Segundo o disposto na disposición transitoria primeira da LOUGA a este solo aplicaráselle o réxime previsto na LOUGA para o solo urbanizable non delimitado. Por outra banda, en canto non se desenvolva este solo, seralle de aplicación o disposto para o solo rústico.

Este solo no novo PXOM clasifícase como solo rústico nas súas diferentes categorías. Tendo en conta o anterior, no ámbito de solo rústico apto para urbanizar suspenderanse os desenvolvementos urbanísticos non iniciados, posto que supoñen variación de ordenación con respecto ao novo PXOM.

Por outra banda, tendo en conta que, en canto non se desenvolva este solo, será de aplicación o réxime do solo rústico, non se suspenderán licenzas para os usos e construcións previstos no artigo 33 da LOUGA, nos ámbitos desta clase de solo que o novo PXOM clasifica como solo rústico nas súas diferentes categorías, sempre e cando se poida dar cumprimento simultáneo (condicións máis restritivas) ás dúas normativas (PXOM vixente e novo PXOM).

No ámbitos deste solo que o novo PXOM clasifica como solo de núcleo rural suspenderanse licenzas por supor as determinacións do novo PXOM modificacións con respecto ao documento vixente. Solo rústico común.

Segundo o disposto na referida disposición transitoria primeira da LOUGA a este solo aplicaráselle integramente o disposto na lei para o solo rústico. Tendo en conta isto non se suspenderán licenzas no solo rústico común do PXOM sempre e cando se manteña a clasificación de solo rústico en calquera das categorías do PXOM e se poida dar cumprimento simultáneo (condicións máis restritivas) ás dúas normativas (PXOM vixente e novo PXOM).

No ámbitos deste solo que o novo PXOM clasifica como solo de núcleo rural suspenderanse licenzas por supor as determinacións do novo PXOM modificacións con respecto ao documento vixente.

• Solo rústico especialmente protexido.

Ao igual que o anterior, segundo o disposto na LOUGA, a este solo aplicaráselle integramente o disposto na lei para o solo rústico. Tendo en conta isto non se suspenderán licenzas no solo rústico protexido do PXOM vixente sempre e cando se manteña a clasificación de solo rústico en calquera das categorías do novo PXOM e se poida dar cumprimento simultáneo (condicións máis restritivas) ás dúas normativas (PXOM vixente e novo PXOM).

Á vista de todo o anterior e con respecto ao PXOM vixente deberanse suspender licenzas sempre que exista cambio de clasificación con respecto ao novo PXOM ou aínda que non exista cambio de clasificación sempre que non se poida dar cumprimento simultáneo ás dúas normativas, a do PXOM vixente e a do novo PXOM.

• Actuacións previstas no novo PXOM.

Por outra banda, e con respecto ao novo PXOM, tamén é necesario suspender licenzas naqueles ámbitos deste que quedan pendentes de xestión ou execución. Así suspenderanse licenzas en todo o solo urbanizable do novo PXOM (SUD-01) (por ser un solo pendente de desenvolvemento) así como os ámbitos destinados ao sistema xeral de zonas verdes previsto (SXV-ZV002 e SXV-ZV003) así como as ampliacións do sistema xeral de infraestruturas (SXISU006).

Trazo, 14 de agosto de 2014

José Dafonte Varela
Alcalde