Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014039AL-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de agosto de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014039AL-CO incoado a La Reserva Narón, S.L.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a La Reserva Narón, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 20 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº do expediente: 2014039AL-CO.

Interesada: La Reserva Narón, S.L. (En Panes).

DNI/NIF/CIF: B15836828.

Último enderezo coñecido: Centro Comercial Odeón, L 60,15570 Narón.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto do 2007).
Artigo 4.3.c). Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos os operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I). Capítulo I. 1º. 2º. 4º d). 10º; capítulo V. 1º. a). b); capítulo VI. 1º. 2º; capítulo IX. 2º. 3º e capítulo X. 1º. 2º.

– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo). Artigo 50. 1º. e), artigo 51.1º e artigo 52.1.a).

– Regulamento (CE) 178/2002 da Comisión, do 28 de xaneiro, polo que establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria (DO núm. 31, do 1 febreiro). Artigo 18. 1º. 4º.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 60 €.