Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014089TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de agosto de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2014089TA-CO incoado a Ricardo Silva López.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Ricardo Silva López o contido da referida resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 20 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº do expediente: 2014089TA-CO.

Interesado: Ricardo Silva López.

DNI/NIF/CIF: 52483664X.

Último enderezo coñecido: A Eirexa-O Sisto, 11, 36518 Dozón (Pontevedra).

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 7.u), artigo 19.1º. 2º.a), artigo 20.1º.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30 €.