Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 8 de setembro de 2014 Páx. 37378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación da xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, denominada xestión e dirección da escola infantil 0-3 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, por procedemento aberto e tramitación urxente (contratación documentalmente simplificada).

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

c) Número de expediente: PA 78/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación da xestión de servizos públicos, na modalidade de concesión, denominado xestión e dirección da escola infantil 0-3 do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra por procedemento aberto e tramitación urxente (contratación documentalmente simplificada).

b) Nº de lotes: 1.

c) Lugar de execución: Pontevedra.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de agosto de 2015.

e) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación previsto: cento corenta mil oitenta e oito con noventa e seis (140.088,96 €) (actividade exenta de IVE).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia e Inclusión, Subdirección Xeral de Servizos Sociais e Xestión Económica.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 69/981 54 46 95.

e) Fax: 981 54 46 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusulas 4.4.2 e 4.4.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas (agás os sábados, que será ata as 14.00 horas), do oitavo día natural contado a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 46 34) no mesmo día.

Se a documentación se presentar en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida a licitación.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia e Inclusión.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: este anuncio será por conta do contratante.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21038

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

Conselleira de Traballo e Benestar
P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar