Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37097

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2379/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2379/2014 desta Sección, seguido por instancia de María Isabel Barbeito Iglesias contra a empresa Instituto Gestión Sanitaria, S.A.U., Galicia Saudade, S.L., Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo (A Coruña), Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), sobre modificación de condicións laborais, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimamos en parte o recurso de suplicación formulado por María Isabel Barbeito Iglesias contra a sentenza ditada o 11 de decembro de 2013 polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos 1200/2012, sobre modificación substancial de condicións de traballo, contra Eulen Servicios Sanitarios, S.A., Galicia Saudade, S.L., Concello de Arteixo, Ministerio Fiscal, Ingesan e a administración concursal da entidade Galicia Saudade, S.L. e con revogación parcial da dita resolución, acollemos en parte a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, declaramos inxustificada a modificación da categoría profesional da demandante, e recoñecémoslle o dereito a ser reposta na categoría de axudante de coordinación, coas funcións que desempeñaba como tal, e condenamos os demandados a se ater a tal declaración e condena, e a que repoñan a demandante en tal categoría e funcións, desestimando no resto a demanda formulada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº. recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade,S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

A secretaria xudicial