Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 37018

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (CON-5/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: CON-5/2014.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa da explotación, instalación, mantemento e subministración de máquinas expendedoras de bebida, comida e snacks no Palacio Municipal de María Pita. Duración: tres anos, prorrogables por tres anos máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: véxase o prego de cláusulas administrativas.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13.00 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeneral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de agosto de 2014

P.D.
Roberto Luis Coira Andrade
Concelleiro delegado de Economía e Facenda