Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 37020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de licitación do expediente denominado Pavimentación de vías públicas e camiños de titularidade municipal no concello de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: pavimentación de vías públicas e camiños de titularidade municipal.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: 3 meses.

Código CPV: 45233252-0 (traballos de pavimentación de rúas).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 274.775,77 €.

IVE (21 %): 57.702,91 €.

Total (IVE incluído): 332.478,68 €.

Valor estimado do contrato: 274.775,77 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa, Rexistro de Licitacións (Secretaría), praza Ravella, 1, 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do PCAP.

Admisibilidade de variantes ou melloras: si, as indicadas no anexo IX do PCAP.

 9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será a cargo do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 11 de agosto de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde