Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 37016

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO de corrección de erros do anuncio de licitación do contrato para a xestión do ciclo integral da auga.

Publicado no DOG nº 162, do 27 de agosto de 2014, o anuncio para a licitación por procedemento aberto do contrato de xestión de servizo público, na modalidade de concesión, que ten por obxecto a xestión do ciclo integral da auga do concello de Baiona, anúnciase a corrección de erros detectados no devandito anuncio, debido a que nel non se incluían os requisitos de solvencia dos licitadores, polo que se ordena a súa publicación e a apertura dun novo prazo de licitación:

Requisitos específicos do contratista: ver pregos.

a) Solvencia económica e financeira:

A través das contas anuais do exercicio inmediatamente anterior presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda. A través de estes documentos do exercicio inmediatamente anterior ao da contrata, acreditarase que a empresa dispón duns fondos propios de, polo menos, 2.500.000 euros.

b) Cunha declaración responsable asinada pola persoa representante da empresa sobre o volume global de negocios e, se é o caso, sobre o volume de negocios no eido das actividades correspondentes ao obxecto do contrato. Esa cifra de facturación, nos cinco últimos exercicios económicos, e no eido das actividades correspondentes ao obxecto do contrato, deberá alcanzar un mínimo de 2.500.000 euros nos cinco últimos exercicios acumulados.

Solvencia técnica:

a) Cunha relación dos principais servizos o traballos similares realizados nos últimos cinco anos. Para considerar adecuada a solvencia técnica da empresa, será necesario que cumpra as seguintes condicións: que acredite prestar un servizo de características similares (abastecemento, saneamento), de maneira satisfactoria, cunha duración mínima de cinco anos a unha poboación de, polo menos, 10.000 habitantes.

b) Cun certificado do sistema de xestión de calidade da empresa auditada coas exixencias da norma ISO 9001: 2008 e aplicado á xestión do ciclo integral da auga.

Baiona, 27 de agosto de 2014

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde presidente