Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 36960

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (879/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento seguridade social 879/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Carnota Beade contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, MC Mutual, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, María de los Ángeles Pérez Casais, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando integramente a demanda interposta por Dolores Carnota Beade, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Midat Cyclops, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social nº 1, e contra María de los Ángeles Pérez Casais, debo declarar e declaro axustada a dereito a alta médica da demandante emitida por Mutua Midat Cyclops, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 1, o día 30 de xullo de 2013, e confirmada pola Resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social do 23 de agosto de 2013, e debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 140.3.c LRXC).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a María Ángeles Pérez Casais, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

A secretaria xudicial