Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 36979

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 21 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo se notifica a Biogea Servicios Medioambientales, S.L. a Resolución do 5 de agosto de 2014 en relación co expediente de reintegro CEI-SX-2014/3.

Unha vez intentada a práctica de varias notificacións con Biogea Servicios Mediambientales, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizalas. Por tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A interesada poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso da cantidade que debe reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica á cal vai dirixida esta notificación: Biogea Servicios Mediambientales, S.L.

CIF: B15858590.

Último enderezo coñecido: avda. Lope Gómez de Marzoa, 1, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña.

Data da resolución: 5 de agosto de 2014.

Asunto: expediente-CEI-SX-2014/3, resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro e a revogación da subvención concedida a Biogea Servicios Mediambientales, S.L., ao abeiro da Orde do 26 de abril de 2007 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada Peme I+D e I+D Suma do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite) para o ano 2007, por importe de 54.880,59 €.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 6.p) Decreto 110/2013)
José A. Marnotes González
Vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria