Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 36981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014224TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 14 de xullo de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2014224TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Grupo González López Noroeste, S.L., con CIF B27779826, como titular do establecemento Cafetería Cabanna.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notifica a Grupo González López Noroeste, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 6 de agosto de 2014

P.A. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG nº 53)
Rosa Agrasar Muíños
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Número do expediente: 2014224TA-PO.

Denunciada: Grupo González López Noroeste, S.L., con CIF B27779826, como titular do establecemento Cafetería Cabanna.

Último enderezo coñecido: rúa Montero Ríos, 34, baixo, 36201 Vigo (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 4.b) Localización: as máquinas expendedoras de produtos do tabaco só se poderán situar (...), así como naqueles a que se refiren as letras (...) e u) do artigo 7 (isto é, bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados), nun lugar que permita a vixilancia directa e permanente do seu uso por parte do titular do local ou dos seus traballadores.

Non se poderán situar nas áreas anexas ou de acceso previo aos locais, como son as zonas de cortaventos, pórticos, corredores de centros comerciais, vestíbulos, distribuidores, escaleiras, soportais ou lugares similares que poidan ser parte dun inmoble pero non constitúen propiamente o interior deste.

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.g) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).