Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2014 pola que se dá publicidade á formalización dun acordo marco (expediente 01/2014 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 197 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos del sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do acordo marco para a subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable para a Consellería de Economía e Industria (servizos centrais e xefaturas territoriais).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 01/2014 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://economiaeindustria.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable para a Consellería de Economía e Industria (servizos centrais e xefaturas territoriais).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 30237300-2.

d) Acordo marco: si.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 82, do 30 de abril de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto (mediante acordo marco).

4. Valor estimado do contrato: 113.141,44 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 113.141,44 euros. Importe total: 136.901,14 euros.

6. Formalización do acordo marco.

a) Data de adxudicación: 4 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do acordo marco: 6 de agosto de 2014.

c) Contratista: Discount Informático, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 39.154,02 euros. Importe total: 47.376,36 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica de 39.154,02 euros, sen IVE. Calidade dos produtos que se van subministrar, parte compatibles e parte orixinais. Prazo de entrega: o seguinte día laborable ao da petición.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 6.p) Decreto 110/2013, do 4 de xullo; DOG núm. 140)
José A. Marnotes González
Vicesecretario xeral da Consellería de Economía e Industria