Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 12 de agosto de 2014, do Servizo de Mobilidade de Lugo, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU-00375-O-2014 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que a Xefatura Territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles de que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e de non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Lugo, 12 de agosto de 2014

P.A.
Mª de los Ángeles Pérez Cordero
Xefa de sección

anexo

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00375-O-2014

3348-BDB

Garda Civil 2702 U89694K

Francisco Javier Aguilar Ramos

28823262F

Ciudad de Alfafar, P. 2A B2

41019 Sevilla

Diminución do descanso semanal reducido. Igual ou superior a 22 horas e inferior a 24 horas.

17.1.2014; 20.25; A-6; 484,00

Art. 142.17 da LOTT

Art. 143.1.a) da LOTT

100 euros

LU-00553-O-2014

2441-GCS

Garda Civil 2701 C30220X

Carlos González Jurado

25975079Y

Jesús, 25

23770 Marmolejo (Jaén)

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

26.2.2014; 16.10; A-6; 474,00

Art. 142.17 da LOTT

Art. 143.1.a) da LOTT

100 euros

LU-00734-O-2014

2904-DMV

Garda Civil 2701 F02025Q

Transportes y Hormigones Silvota, S.L.

B33544396

Pg. Silvota, parcela 38-1

33192 Llanera (Asturias)

A falta de consignación do lugar de comezo ou do final de utilización nunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

5.3.2014; 18.30; N-540; 13,500

Art. 142.4 da LOTT

Art. 143.1.c) da LOTT

301 euros