Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO do acordo de ampliar ou diversificar os usos complementarios autorizados polo planeamento nos sistemas locais de uso educacional.

De conformidade co artigo 47.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 31 de xullo de 2014, co quórum da maioría absoluta do número legal dos seus membros, acordou ampliar ou diversificar os usos complementarios autorizados polo planeamento nos sistemas locais de uso educacional coa finalidade de incrementar as posibilidades de uso da dotación para actividades de carácter sociocultural, deportivo, asistencial, recreativo, servizos urbanos e de administración pública, de acordo co informe técnico incorporado ao expediente, e nas parcelas incorporadas nel, remitir o acordo á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio e publicalo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, facendo constar no anuncio a remisión á consellería.

O que se fai público para xeral coñecemento, facendo constar que o acordo foi remitido o día 5 de agosto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que o expediente se atopa no departamento de Urbanismo do Concello de Teo.

Teo, 6 de agosto de 2014

Martiño Noriega Sánchez
Alcalde