Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36699

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO polo que se informa da publicación das bases e da convocatoria para a provisión de tres prazas de policía.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 152, do 8 de agosto de 2014, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo para a provisión de tres prazas de policía, grupo C, subgrupo C1, con carácter de persoal funcionario de carreira por oposición libre.

O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, así como no taboleiro de anuncios deste concello.

Nigrán, 8 de agosto de 2014

Alberto Valverde Pérez
Alcalde