Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Arzúa (expediente IN407A 2011/059).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado LMT, CT e RBT Doroña e anexo I.

Situación: Arzúa.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,200 km, con condutor tipo LA-56/54,60 mm² coa orixe en apoio existente na LMT MEL-707 (subestación Melide-Arzúa), e final no apoio nº 3 onde se instalará un paso aerosubterráneo.

– Liña de media tensión soterrada (LMTS) a CT Doroña, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,400 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 mm² Al, coa orixe no paso aerosubterráneo que se vai instalar no apoio nº 3 da LMTA a CT Doroña proxectado, e final no CT Doroña proxectado.

– Centro de transformación (CT) prefabricado Doroña, tipo 2L-1P de manobra exterior, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Rede de baixa tensión soterrada, cunha lonxitude de 0,350 km, coa orixe no CT Doroña proxectada, con condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 1×240 mm² Al, e final na rede aérea existente no núcleo rural de Doroña, no concello de Arzúa.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 7 de agosto de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña