Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 29 de agosto de 2014 Páx. 36669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/100).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: cambio sección LMTS ERI-723.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas: incremento de sección de cable en dous tramos da liña de media tensión soterrada EIR-723, a 15/20 kV.

Tramo I: cunha lonxitude de 0,124 km con orixe en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS EIR-723, no tramo entre o CT Ángela B. de Soto (expediente 54/96) e o CT Merced, nº 74 (expediente 26835), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV-3 (1×240 mm2 Al) e final en cela de liña existente no CT Antonio Ríos, nº 1 (expediente 19/94).

Tramo II: cunha lonxitude de 0,145 km con orixe en empalmes proxectados que se realizarán na LMTS EIR-723, no tramo entre o CT Antonio Ríos, nº 1 (expediente 19/94) e o CT Merced, nº 74 (expediente 26835), en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV-3 (1×240 mm2 Al) e final en cela de liña existente no CT Merced nº 74 (expediente 26835).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 6 de agosto de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña