Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36352

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de información pública de expediente de aprobación de bandeira e escudo municipal.

O Pleno do Concello de Malpica de Bergantiños, en sesión ordinaria celebrada o 31 de xullo de 2014, acordou aprobar a proposta de escudo e bandeira propostos pola Comisión Heráldica para o Concello de Malpica de Bergantiños.

En cumprimento do disposto no artigo 16.a) do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo dun mes contado desde o día seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado e se presenten as alegacións que se consideren oportunas.

Se, transcorrido o citado prazo, non se presenten alegacións, considerarase aprobado definitivamente o citado acordo.

O presente anuncio, de conformidade coa normativa indicada, será tamén exposto no taboleiro de anuncios do concello.

Malpica de Bergantiños, 1 de agosto de 2014

Eduardo José Parga Veiga
Alcalde