Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36353

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a depósito e almacenamento de materiais.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente nº 2011/497, tramitado por instancia de Eduardo Otero Alonso, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de depósito e almacenamento de materiais, no barrio de Castro, Espaín, parroquia de Mos deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teñan por convenientes.

Mos, 30 de xullo de 2014

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo