Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36351

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO polo que se informa da publicación das bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para a realización de proxectos de sensibilización social.

No BOP de Lugo núm. 186, do 14 de agosto de 2014, publícanse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións para a realización de proxectos de sensibilización social no concello de Lugo, exercicio económico 2014, aprobadas por decreto da alcaldía núm. 14007310, do día trinta e un de xullo de dous mil catorce.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 7 de agosto de 2014

P.D. (Decreto Alcaldía nº 13008312 do 30 de agosto de 2013)
Sonia Méndez García
Tenenta de alcalde delegada da Área de Economía, Emprendemento,
Autónomos e Educación