Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (627/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 627/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Calza Domínguez contra Ocampo Vázquez, S.L. e outros sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Óscar Calza Domínguez contra Aluminio y Perfiles Metálicos, S.L.; Ocampo Vázquez, S.L.; Accesorios Imnova, S.L. e Vassik Herrajes, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Aluminio y Perfiles Metálicos, S.L., Ocampo Vázquez, S.L., Accesorios Imnova, S.L. e Vassik Herrajes, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 163,49 € brutos, como liquidación, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 12.250,93 €, como indemnización por extinción de contrato e, igualmente, debo condenar e condeno a Aluminio y Perfiles Metálicos, S.L. ao aboamento dos honorarios de avogados e graduados sociais que interviñesen en nome e representación de Óscar Calza Domínguez, ata o límite de 600 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, o habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, en caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións, a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Ocampo Vázquez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de agosto de 2014

A secretaria xudicial