Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (22/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 22/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Clotet Cortés contra Junieski Saldivar (Decoraciones Yunior), se ditou a seguinte resolución:

Resolución, estímase a demanda interposta por David Clotet Cortés fronte a Junieski Saldivar (Decoraciones Yunior) e o Fogasa e, con consecuencia, declaro que David Clotet Cortés presta servizos para Junieski Saldivar desde o 8.7.2012 coa categoría profesional de oficial primeira e con dereito a percibir un salario de 40 euros diarios.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Junieski Saldivar (Decoraciones Yunior), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial