Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36249

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4930/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4930/2012(-FF-).

Xulgado de orixe/autos: demanda 722/2010 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Recorrente: José Antonio Bello Alonso.

Graduado social: Alfonso Carballo Jardon.

Recorridos: administración concursal Transportes José Areán, S.L. (Carlos Rodríguez Alba), Fogasa, Transportes José Areán, S.L.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4930/2012 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Bello Alonso contra Fogasa e Transportes José Areán, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por José Antonio Bello Alonso contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra nos presentes autos seguidos pola súa instancia fronte a Transportes José Areán, S.L., administración concursal, e con intervención do Fogasa, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza. Sen custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto,
número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en legal forma a Transportes José Areán, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 18 de xullo de 2014

A secretaria xudicial