Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se dispón a notificación do acordo de iniciación do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos PO-203/14.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, o acordo de iniciación ditado no expediente de multa, por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recursos de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 5 de agosto de 2014

P.S. (Resolución do 8.7.2011)
Ana Ortiz Álvarez
Secretaria territorial de Pontevedra

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº exp.

Precepto infrinxido

Último enderezo

Resolución

Vicsalman Cangas, S.L.

B-36360055

PO-203/14

Artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro

R/ Ferrol, s/n

36940 Cangas

Multa de 300 €