Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para revisión de ordenación de volumes en RE-3, promovido de oficio polo Concello de Paradela.

O Pleno da corporación, na sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle promovido de oficio polo concello denominado aprobación do estudo de detalle para revisión da ordenación de volumes en RE-3, co obxecto de reordenar os volumes previstos neste ámbito, ao abeiro do disposto no PXOM, que prevé a realización dos estudos de detalle co fin de modificar os parámetros establecidos.

Segundo. Notificárllelo persoalmente aos interesados; publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e, xunto coa normativa urbanística aprobada, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Dar traslado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da documentación a que se fai referencia no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, dando traslado de dous exemplares do instrumento definitivamente aprobado.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 18 de xullo de 2014, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio da aprobación definitiva, xunto coa normativa, publicouse no BOP de Lugo número 169, o día 24 de xullo de 2014.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado estudo de detalle, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora desta xurisdición, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación, sen prexuízo de calquera outro recurso que considere conveniente ou exercer as accións que proceden ante a xurisdición competente.

Paradela, 28 de xullo de 2014

Eliseo López Rodríguez
Alcalde en funcións