Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de información pública sobre convenio de monetarización.

Por Decreto da Alcaldía do 4 de agosto de 2014 aprobouse inicialmente o convenio urbanístico de monetarización do aproveitamento que corresponde ao Concello de Vilaboa polo desenvolvemento urbanístico do sector UDI-4 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilaboa.

De conformidade co artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o citado convenio a información pública polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do último dos edictos no Diario Oficial de Galicia e no xornal Faro de Vigo. Durante ese prazo os interesados poderán consultar o expediente nas oficinas municipais e presentar as alegacións que xulguen oportunas.

Vilaboa, 5 de agosto de 2014

José Luis Poceiro Martínez
Alcalde