Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36076

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5599/2012 RF).

Secretaria: Sra. Freire Corzo.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5599/2012 RF.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1100/2008 Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Recorrente: José Luis Vidal Míguez.

Avogado: Jesús Salvador Trujillo García.

Procuradora: Raquel Iglesias Regueira.

Recorridos: Mapfre Empresas, Cia. de Seguros y Reaseguros, S.A., Eurometal Galicia, S.L., Polysius AG.

Avogados: Julio López Taboada, (…), Guillermo Fruhbeck Olmedo.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5599/2012, seguido por instancia de José Luis Vidal Míguez sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«A Sala acorda: aclarar a sentenza ditada por esta sala de data 23 de xuño de 2014 no sentido de que se condena a entidade Mapfre ao aboamento dos xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro, a partir da data da sentenza ditada por esta sala, e manter no demais a decisión da citada sentenza».

Notifíqueselles ás partes advertíndolles que contra esta resolución non cabe recurso ningún. Non obstante o dito no parágrafo anterior, en canto ha de entenderse que este auto se integra na sentenza ditada e que o prazo para interpor o recurso que coubese contra a dita resolución se abrirá a partir do momento en que as partes sexan notificadas deste auto, cos requisitos recollidos na parte final da sentenza, respecto a depósito e consignacións. Se algunha das partes interesadas nestas actuacións tiver xa presentado, preparado ou anunciado o pertinente recurso contra a resolución, a súa actuación repútase válida para todos os efectos, sen prexuízo de que, á vista deste auto, poida completala no prazo que con el se abre.

Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Eurometal Galicia, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Venezuela, 3, entresollado A, Betanzos (A Coruña), advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 29 de xullo de 2014

A secretaria xudicial