Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 21 de agosto de 2014 Páx. 36078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (761/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 761/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Mutua Galega Accidentes de Traballo contra a empresa Fernando Vázquez García, Servizo Galego de Saúde Sergas, sobre seguridade social, se ditou resolución nesta data dirixida, entre outros, a Fernando Vázquez García, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días, podendo os interesados ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fernando Vázquez García, en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial