Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (526/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 526/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carlos Collazo Vázquez contra Cristalería A Balsa, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza:

Que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Cristalería A Balsa, S.L., debo condenar e condeno esta a que lle aboe a cantidade de 4.864,22 euros.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Cristalería A Balsa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial