Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35911

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014 pola que se nomea catedrático de universidade, con praza vinculada, a Pedro Diz Dios.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión da praza dos corpos docentes universitarios, convocada co número 2340/14 mediante Resolución desta universidade do 9 de maio de 2014 (BOE do 22 de maio), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei organica 4/2007, do 12 de abril, e polo artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, conforme o protocolo sobre procedemento de promoción a catedrático/a de profesorado titular de universidade con praza vinculada, aprobado polo Consello de Goberno do 22 de decembro de 2010, resolveu nomear a seguinte persoa funcionaria docente universitaria:

Nome e apelidos: Pedro Diz Dios.

DNI/NIE: 36041532A.

Código da praza: A00527.

Corpo: catedrático de universidade vinculado, coa categoría asistencial de facultativo especialista de área.

Especialidade: médico especialista en Estomatoloxía.

Área de coñecemento: Estomatoloxía.

Departamento: Estomatoloxía.

Institución sanitaria: Xerencia de Atención Primaria (Centro de Saúde. Santiago de Compostela).

Localidade: Santiago de Compostela.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela