Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35909

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de xullo de 2014 polo que se procede a dar publicidade á Resolución do 1 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría desta xestión integrada.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola mesa sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura orgánica de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol,

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría, que se poden solicitar (anexo II), así como as bases que rexerán a convocatoria (anexo A).

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (FIDES expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Xestión Integrada de Ferrol, na intranet desta xestión integrada e no Punto de Atención ao Traballador/a.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Ferrol, 2 de xullo de 2014

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol