Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2014 pola que se fai pública a declaración de deserto do expediente de contratación, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, da xestión e explotación do servizo de cafetaría e comedor da Academia Galega de Seguridade Pública, mediante procedemento aberto e pola vía de urxencia.

Mediante Resolución do 15 de xullo de 2014, o director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, en virtude das atribucións que legalmente ten conferidas na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, e en cumprimento do previsto no segundo parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG nº 83, do 2 de maio de 2014, para a selección de oferta para a xestión e explotación do servizo de cafetaría e comedor da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) por non axustarse ningunha das ofertas presentadas aos pregos de licitación.

Contra a resolución pola que se declara deserta a licitación, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor, tal como preceptúa o artigo 17.1 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, recurso de alzada, ante o conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación desta resolución polos interesados, sen prexuízo de que se poida exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Estrada, 15 de xullo de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública