Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol (Pol).

De conformidade co disposto nos artigos 59.2º e 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas interesadas da relación adxunta que a Xunta Local da Zona acordou o día 29 de maio de 2014 a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santo Estevo de Pol (Pol-Lugo), que están á disposición dos interesados no Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo (sito na rolda da Muralla, 70, 1º baixo), de conformidade co disposto no artigo 29.2º da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Nas referidas bases definitivas figura o correspondente boletín individual da propiedade.

Para o caso de que se formulasen alegacións en relación coas bases provisionais, o resultado destas sería o que deriva do boletín.

Contra o devandito acordo, aprobatorio das bases definitivas, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de agosto de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de propietario

Apelidos e nome

53

Paredes Carballeira, Jesús Ángel e outros

Paredes Carballeira, Emilio

55

Pérez Couso, Mª Concepción

87

Paredes Carballeira, Emilio