Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria de subvencións da Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.

No BOP de Lugo número 170, do día 26 de xullo de 2014, publícase o anuncio da convocatoria, para 2014, das subvencións que o Concello de Lugo, Xuventude (Área de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua), dedica ás asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas, actividades, mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas, así como as bases reguladoras destas subvencións aprobadas polo Decreto da Alcaldía núm. 14006845 do día 14 de xullo de 2014.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 11 de agosto de 2014

Carmen Basadre Vázquez
Concelleira delegada da Área de Cultura, Turismo,
Xuventude e Promoción da Lingua