Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35844

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Xenética Fontao, S.A.

ANUNCIO do 8 de agosto de 2014 polo que se convoca a contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para o laboratorio da sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A., por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada (expediente LAB 1/2014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xenética Fontao, S.A.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xenética Fontao, S.A.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración sucesiva por prezos unitarios, mediante acordo marco cun único empresario por cada lote que se licita, de diverso material para o laboratorio da sociedade mercantil pública Xenética Fontao, S.A., por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

c) División por lotes e número: si/5.

Lote 1: reactivos xenética molecular. Lote 2: kits de extracción, amplificación e outros produtos para análise de microsatélites e SNP e outras técnicas do ADN. Lote 3: material diverso para laboratorio. Lote 4: equipamentos de protección individual para laboratorio. Lote 5: material laboratorio tecnoloxías reprodutivas.

d) Lugar de entrega: Xenética Fontao, S.A., Fontao, Esperante, 27210 Lugo.

e) Prazo de execución: o período de execución dos contratos que se formalicen baseados nos acordos marco non poderá exceder, individual ou conxuntamente, o prazo de duración destes (ata o 31 de decembro de 2017).

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33000000 e 18100000.

h) Acordo marco: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.313.051,23 €, IVE (21 %): 275.740,76 €, importe total: 1.588.791,99 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.575.661,47 euros (sen IVE), incluídas posibles modificacións.

5. Financiamento: Xenética Fontao, S.A.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Garantías exixidas. Definitiva:

Lote 1: 4.486,57 €; lote 2: 11.806,33 €; lote 3: 2.445,85 €; lote 4: 188,34 €; lote 5: 757,71 €.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Xenética Fontao, S.A.

b) Domicilio: Fontao, Esperante, 27210 Lugo.

c) Teléfonos: 982 28 43 91.

d) Telefax: 982 28 46 26.

e) Correo electrónico: administracion@xeneticafontao.com

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet nos enderezos:

http://www.xeneticafontao.com/esp/perfil.php

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21011

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o 16 de setembro de 2014.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será na Sociedade Mercantil Pública, Xenética Fontao, S.A., Fontao, Esperante, 27210 Lugo, nas condicións establecidas na clausula M da folla de especificacións.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Xenética Fontao, S.A., Fontao, Esperante.

b) Localidade e código postal: 27210 Lugo.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 15 de outubro de 2014.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: penalidades por incumprimento dos prazos de entrega e por cumprimento defectuoso (cláusula X da folla de especificacións).

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de agosto de 2014.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta de la sociedad mercantil pública Xenética Fontao, S.A.