Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35842

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de avaliación de incidencia ambiental para a actividade de acondicionamento e apertura de industria alimentaria.

Presentada ante esta alcaldía por Ricardo Varela Rodríguez, representante de Distribuidora Alimentaria del Morrazo, S.L., solicitude de cualificación ambiental da actividade de acondicionamento e apertura de industria alimentaria en nave sita na parcela número 29 do parque empresarial de Castiñeiras, de acordo co sinalado polo Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de inciencia ambiental (DOG nº 126, do 1 de xullo).

De acordo co sinalado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia e no taboeiro de anuncios do Concello, co fin de que nese tempo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación, poidan examinar o expediente, no Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións oportunas.

Bueu, 8 de agosto de 2014

Félix Juncal Novas
Alcalde