Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (CON-4/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: CON-4/2014.

2. Obxecto do contrato: xestión indirecta mediante concesión administrativa do servizo público de educación infantil de primeiro ciclo que se prestará na escola infantil municipal da Agra do Orzán. Duración: a concesión terá unha duración de dez cursos escolares completos, excepto no primeiro curso (2014/15), en que a prestación do servizo se supeditará á entrega do edificio en construción, que finalizará o 31 de agosto de 2024.

O contrato poderá prorrogarse de forma expresa por mutuo acordo das partes, de cinco en cinco cursos escolares, ata un máximo de vinte cursos, incluíndo o período inicial e as súas prórrogas.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 137.091,84 € anuais (IVE exento, artigo 20.Un.9º Lei 37/1992).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es.
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de agosto de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública