Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de agosto de 2014 pola que se somete ao trámite de información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-151, no seu treito situado entre o p.q. 0+120 e o p.q.0+380.

Aprobada provisionalmente, por resolución da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 21 de xullo de 2014, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica OU-151, no seu treito situado entre o p.q. 0+120 e o p.q. 0+380, e de conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese a antedita delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que xulgue pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Programación do 7 de xullo de 2014, a antedita resolución da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas do 21 de xullo de 2014 e o plano en que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-151, no seu treito situado entre o p.q. 0+120 e o p.q. 0+380.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo San Caetano, s/n), na Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense (rúa Sáenz Díez, 1) e na casa do concello de Piñor (Piñor, s/n).

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

Héctor Presas Veiga
Xefe da Área de Planificación e Programación