Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35694

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación do servizo consistente na realización da Campaña de compostaxe doméstica 2014.

No perfil de contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo consistente na realización da Campaña de compostaxe doméstica 2014. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente a aqueles que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e telefax: 988 38 51 84, ou na páxina web da Deputación www.depourense.es

Ourense, 5 de agosto de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense