Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se anuncia a contratación, por lotes, da xestión de servizos públicos para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en concellos da Comunidade Autónoma galega. Tramitación documentalmente simplificada.

A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 76/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reserva e ocupación de prazas residenciais para persoas maiores en situación de dependencia, mediante a modalidade de concerto, en diversos concellos de Galicia.

b) Lugar de execución: varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento máximo de licitación total previsto estímase en seiscentos noventa mil con corenta e catro euros e quince céntimos (690.044,15 €) no que se atopa engadido o IVE.

5. Garantía provisoria: non.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral de Política Social, Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Enderezo: Edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 56 63.

f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 5.4.7, documentación previa á adxudicación, prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo de San Caetano, s/n.

2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.

b) Enderezo: Edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21013

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
Secretaria xeral técnica
P.D. (Resolución do 31.7.2014)
Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Coordinación Administrativa