Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 14 de xullo de 2014
Alberto Linares Fernández
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2012/697-2.
Nome: Nuria Carmona Quevedo.
DNI/NIF: 53552797-B.
Axuda: axuda excepcional.
Último enderezo coñecido: rúa Poeta Lois Pereiro, 6, 2º D, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).
Contido da resolución ditada o 6 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.
Nº de expediente: TR341D 2012/1071-2.
Nome: Marisol Rodríguez García.
DNI/NIF: Y1208629Q.
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Último enderezo coñecido: rúa San Roque, 31-33, 3º A, 27002 Lugo.
Contido da resolución ditada o 9 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.
Nº de expediente: TR341D 2012/1072-2.

Nº de expediente: TR341D 2012/1191-2.
Nome: Noel Rodríguez López.
DNI/NIF: 34270190-Y.
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.
Último enderezo coñecido: rúa Escultor Francisco Moure, 35, 2º, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).
Contido da resolución ditada o 9 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo: non conceder a axuda ou subvención solicitada dado o esgotamento do crédito suficiente no momento da resolución.
Nº de expediente: TR341D 2012/1250-2.
Nome: Teodoro Cicuéndez Villarejo.
DNI/NIF: 70338615-S.
Axuda: axuda excepcional.
Último enderezo coñecido: avda. Xeneralísimo, 61, 1º, 27240 Meira (Lugo).