Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas cinco resolucións do 3 e 4 de xuño de 2014, revogatorias de axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, reguladas na Orde do 19 de agosto de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 159, do 22 de agosto), relativa aos expedientes TR341D 2013/17-2 e catro máis.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícase ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra.a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de xullo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2013/17-2.

Nome: José Manuel Guerreiro Codesido.

DNI/NIF: 25436208W.

Último enderezo coñecido: r/ Curros Enríquez, 3, 4º A, 27004 Lugo.

Procedemento: promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: non presentar a documentación requirida no prazo establecido recollida no artigo 8 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ditada o 3 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR341D 2013/338-2.

Nome: José Antonio Robayn Fuentes.

DNI/NIF: 45532572R.

Último enderezo coñecido: avda. da Mariña, 58, 3º A, 27880 Burela, Lugo.

Procedemento: promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: non cumprir as obrigas establecidas no artigo 12, alínea e) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ditada o 4 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR341D 2013/339-2.

Nome: María del Carmen Eijo Silvoso.

DNI/NIF: 33991903L.

Último enderezo coñecido: avda. da Mariña, 58, 3º A, 27880 Burela, Lugo.

Procedemento: promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: incumprir as obrigas establecidas no artigo 15.2º da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ditada o 4 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR341D 2013/351-2.

Nome: Yeiri Nelfri de la Rosa Rosso.

DNI/NIF: 34290630E.

Último enderezo coñecido: rúa Ramiro Rueda, 18, 1º B, 27003 Lugo.

Procedemento: promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: non presentar a documentación requirida no prazo establecido recollida no artigo 8 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ditada o 4 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.

Nº de expediente: TR341D 2013/507-2.

Nome: Hernán Agustín Ferrer Gómez.

DNI/NIF: 34297022C.

Último enderezo coñecido: Gran Vía Alfonso IX, 8, 1º, 27600 Sarria, Lugo.

Procedemento: promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: incumpre o artigo 15.2º da orde de convocatoria.

Contido da resolución: revogatoria da axuda concedida para o emprego autónomo ditada o 4 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.