Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios Rías Baixas.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que no Servizo do Traballo Autónomo e Apoio ás Persoas Emprendedoras da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social están depositados os estatutos da Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios Rías Baixas, da cal se fan as seguintes indicacións:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Especialidade subxectiva e de obxectivos: a defensa dos intereses profesionais dos seus asociados e funcións complementarias.

Ámbito funcional: poderán ser integrantes da federación todas aquelas asociacións inscritas no rexistro de asociacións competente.

Titulares dos órganos de goberno e representación: Miguel Otero Cabaleiro, Ramón Cardalda Fernández e Ramón Rodríguez Outeda.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social