Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o acordo de trasladar a Asociación Profesional de Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia, ao Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia e a correspondente baixa no Rexistro de Organizacións Profesionais de Galicia.

O 22 de xullo recibiuse certificación da asemblea xeral ordinaria da Asociación Profesional de Comercio Ambulante e Comercio en Prazas de Abastos de Galicia, e solicitude de traslado da dita asociación ao Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vista a documentación presentada, e en virtude do disposto na disposición transitoria terceira da Orde do 17 de setembro de 2010, pola que se desenvolve o Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos, dáse traslado da dita asociación ao citado rexistro e procédese á súa baixa no Rexistro de Organizacións Profesionais de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais