Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cerámicas de Portomarín, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 14/2011, do 16 de decembro, pola que se modifica a Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cerámicas de Portomarín, Sociedade Cooperativa Galega, pola modificación do domicilio social no Rexistro Provincial de Cooperativas. O domicilio social fíxase no lugar de Barreiro, nº 1, Portomarín.

Lugo, 21 de xullo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo