Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35541

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO do cambio de uso de terreo dotacional na avenida de España.

O Pleno da Corporación, por maioría absoluta do número legal de membros, en sesión extraordinaria realizada en data 18 de xuño de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar o cambio de uso da parcela 2: uso equipamento sanitario asistencial: superficie 1.505,64 m2 (parcela rexistral nº 22970), dentro da parcela con referencia catastral 6845238NJ7364N0001SY), por:

Parcela 2: uso equipamento deportivo e recreativo: superficie 1.505,64 m2.

2. Modificar a inscrición do ben terreo dotacional que consta no inventario de bens; deberá constar a seguinte descrición:

– Ben:

Nome: terreo dotacional.

Natureza do inmoble: urbana.

Situación: avenida de España 70, Cedeira, 15350 A Coruña.

Natureza do dominio: patrimonial.

Destino: uso equipamento deportivo e recreativo.

– Datos do soar:

Superficie do soar: 1.606,12 m2.

Data de adquisición: 1.7.1985.

Título: 100 % do pleno dominio con carácter privativo.

– Datos da construción:

Data de adquisición: 1.7.1985.

Descrición: pistas deportivas.

Título: 100 % do pleno dominio con carácter privativo.

Referencia catastral: 6845238NJ7364N0001SY.

2. Publicar anuncio do acordo do cambio de uso da parcela no BOP e no DOG.

3. Comunicar o acordo de cambio de uso á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

4. Comunicar ao catastro, así como ao Rexistro da Propiedade, as modificacións efectuadas.

Cedeira, 30 de xuño de 2014

Luis Rubido Ramonde
Alcalde